A colección Mikrokosmos inspírase na obra homónima para piano de Béla Bartók e traslada o seu carácter vangardista ao deseño de moda. A disonancia, a atonalidade, os acentos e as síncopas reinterprétanse en termos visuais e matéricos para dar lugar a unha colección complexa, experimental e desenfadada. A cor, a textura e a forma xeran contrastes estridentes, saturados e aparentemente desordenados, evocando a tensión e a complexidade da linguaxe musical. Combínanse materiais asociados ao luxo con outros propios das manualidades ou do ámbito doméstico. Con referencias a Rei Kawakubo e Marc Jacobs, Mikrokosmos propón unha tradución entre música e moda na que forma, volume, cor e textura funcionan como equivalentes visuais da linguaxe sonora.





