Tomo como punto de partida unha colección de libros de cociña que me acompañan desde hai anos, aínda que nunca souben ben que era o que me atraía deles. A isto súmanse filmes como Daisies (1966) e O festín de Babette (1987): dúas formas moi diferentes de abordar a cociña, que van desde o exceso ata a sobriedade. A través destes referentes, constrúo un imaxinario persoal no que conviven o cotián, a experimentación e o afecto.




