Alba Caballero Gal 2024
17257
wp-singular,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-17257,wp-theme-bridge,bridge-core-3.0.5,qi-blocks-1.3.3,qodef-gutenberg--no-touch,qodef-qi--no-touch,qi-addons-for-elementor-1.8.1,qode-page-transition-enabled,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,footer_responsive_adv,qode-theme-ver-29.1,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,wpb-js-composer js-comp-ver-6.9.0,vc_responsive,elementor-default,elementor-kit-17535

01

POR FAVOR, DEVOLVA AO REMITENTE

Alba Caballero
@alba.caballero_

A colección céntrase nos conceptos de gardar e descubrir, no acto de agochar elementos dentro dun moble, un papel ou un peto. A miña proposta xorde da intención de explorar o que permanece na casa deshabitada que nalgún momento pertenceu á miña familia. Neste proceso, investigo o sobre e a carta non só como materiais, senón como espazos que conteñen memorias, empregando obxectos vinculados coa historia familiar.

A intervención gráfica e o xogo co patronaxe forman a base desta colección, creando unha linguaxe visual ancorada no formal. A través da manipulación de materiais fotografados e escaneados refórzase a noción de pegada; mentres que mediante a manipulación de tecidos xérase un efecto semellante ao do papel, evocando o carácter dos materiais que inspiran esta investigación.