Alba Vidal Gal 2024
17376
wp-singular,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-17376,wp-theme-bridge,bridge-core-3.0.5,qi-blocks-1.3.3,qodef-gutenberg--no-touch,qodef-qi--no-touch,qi-addons-for-elementor-1.8.1,qode-page-transition-enabled,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,footer_responsive_adv,qode-theme-ver-29.1,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,wpb-js-composer js-comp-ver-6.9.0,vc_responsive,elementor-default,elementor-kit-17535

13

AQUELES OLLOS

Alba Vidal
@vvvlood

Aqueles Ollos recrea a atmosfera das películas dirixidas por Wong Kar Wai, onde sutís historias de amor contido e anhelo transcorren baixo as frías luces de neón da noite de Hong Kong.

Estes contrastes reflíctense na elección de materiais desta colección, onde conviven delicadas organzas e brocados de seda cunha experimentación material propia inspirada polo uso innovador da cámara, a iluminación e o coidado tratamento da cor do director.

As prendas estruturadas do proxecto xeran volumes que se afastan do corpo, creando unha coraza que transforma a aparencia dos personaxes e lles permite transitar un mundo sutil e enigmático, onde os silencios falan por si mesmos.