Andre Sanchez 2025
17764
wp-singular,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-17764,wp-theme-bridge,bridge-core-3.0.5,qi-blocks-1.3.3,qodef-gutenberg--no-touch,qodef-qi--no-touch,qi-addons-for-elementor-1.9.5,qode-page-transition-enabled,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,footer_responsive_adv,qode-theme-ver-29.1,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,wpb-js-composer js-comp-ver-6.9.0,vc_responsive,elementor-default,elementor-kit-17535

13

«Aínda me queda grande»

André Sánchez

Este proxecto propón unha reinterpretación do armario masculino desde unha perspectiva infantil, explorando como un neno idealiza a figura do adulto a través do vestiario.
A colección analiza o tránsito entre a infancia e a adultez mediante a transformación de pezas clásicas masculinas en siluetas desproporcionadas e de gran escala.
A través dunha linguaxe visual nostálxica, créase unha narrativa de admiración, fantasía e desexo de crecemento, na que o vestiario paterno se converte nun símbolo de aspiración.
Máis alá da dimensión estética, esta proposta reflexiona sobre os códigos tradicionais da masculinidade, poñendo en valor a mirada do fillo como unha vía simbólica de interpretación do crecemento persoal.