Antia Vieiro 2023
16436
page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-16436,bridge-core-3.0.5,qode-page-transition-enabled,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,footer_responsive_adv,qode-theme-ver-29.1,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,wpb-js-composer js-comp-ver-6.9.0,vc_responsive

04

FLORITA

Antía Vieiro Fernández

Florita é unha colección de estética sesenteira baseada na época na que a miña avoa aprendeu a coser mentres traballaba nunha mercería. Rescátanse elementos do baño e da habitación, como os estampados dos papeis florais das paredes, as cores pastel do baño, as colchas recargadas, as cretonas e as cortinas de gancho, para plasmalos nas pezas e actualizar os motivos. As siluetas evocan ás bonecas Barriguitas, con barrigas ao aire, pezas voluminosas, calcetíns con puntillas, saias con voo e diademas a modo de coroas. As mañanitas son unha peza crave que acompañan a pixamas e camisones. E elementos de mercería como puntillas, apliques de flor, lazos ou bieses potencian os pequenos detalles vintage da colección.