Unha colección conceptual inspirada no poema “Aceituneros”, de Miguel Hernández, homenaxe á dignidade e á loita dos xornaleiros xienenses no contexto da Guerra Civil española.
A colección percorre desde a dureza do traballo agrícola ata a reivindicación da liberdade fronte á opresión, representada na imaxe dos campos en plenitude, cuxo froito —o “ouro líquido”— forxou a identidade de Xaén.
O proxecto integra análise histórico-sociocultural e tendencias de moda actuais, propoñendo unha relectura do poema a través do deseño téxtil. Así, a moda establécese como unha linguaxe de expresión crítica e poética que transcende o estético e dialoga coa memoria colectiva.








