Un Seat 124. Gasolina. Un casete do Último de la Fila. Unha danza hipnótica. Obsesión por ser especiais. Cigarros marca Ducados. E vaqueiros Levi’s. É todo ou que necesitan os personaxes desta road movie para percorrer a noite galega de discoteca en discoteca. Corren os anos 90 e parece que a danzamanía volve brotar, esta vez, na provincia da Coruña. Atopámonos ante unha cuadrilla de mozas na que cada un, co seu estilismo, representa a un dos personaxes reais do arquivo fotográfico do que parte este proxecto. Mozos que loitan por vivir á súa maneira, por escapar da realidade e por protagonizar os novos tempos. Mozos que, ante todo, non queren volver a casa.