A peregrinación é aquí unha alegoría do camiño interior que cada persoa, crente ou non, percorre para atoparse a si mesma. Peregrinar simboliza a nosa esencia de “camiñantes” cara a unha mellora constante, unha viaxe de autodescubrimento que busca liberarse de cargas e non mirar atrás.
Este proxecto busca reflectir, a través das prendas, ese camiño interior, conectando dous mundos: Galicia e Xapón, o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo. Con cores inspiradas na natureza, tecidos tradicionais, texturas e volumes progresivamente simples, a colección é unha metáfora deste camiño cara ao autocoñecemento como meta en si mesma, cara ao descubrimento como destino.
Esta colección explora a peregrinación como alegoría da viaxe interior e do autodescubrimento, conectando Galicia e Xapón, o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo. Mediante cores naturais, tecidos tradicionais e volumes simples, as prendas simbolizan a procura constante da nosa mellor versión.