Mercedes Pereira Gal 2024
17353
wp-singular,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-17353,wp-theme-bridge,bridge-core-3.0.5,qi-blocks-1.3.3,qodef-gutenberg--no-touch,qodef-qi--no-touch,qi-addons-for-elementor-1.8.1,qode-page-transition-enabled,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,footer_responsive_adv,qode-theme-ver-29.1,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,wpb-js-composer js-comp-ver-6.9.0,vc_responsive,elementor-default,elementor-kit-17535

10

KRUSHA IME

Mercedes Pereira

KRUSHA IME (“Miña Krusha” en albanés) rende homenaxe á valentía das mulleres de Krusha, que sobreviviron á masacre da Guerra de Kosovo (1999). Inspirado en Fahrije Hoti, que ao regresar do seu exilio fundou unha cooperativa feminina de agricultura que produce ajvar –unha crema de pementos doces típica dos Balcáns–, este proxecto celebra a súa resiliencia e o impacto da súa iniciativa na economía local, xerando emprego para moitas superviventes da traxedia.

A colección explora a cultura albanesa a través da tradición e o folclore, especialmente a figura da nuse –noiva–, que tece artesanalmente os seus propios enxovais. Nas prendas mestúranse técnicas artesanais de bordado, ganchillo, manipulación de tecidos e fieltrado de la coa ostentación da pedraría de cristal checo, creando texturas únicas sobre materiais orgánicos procedentes de España e Portugal, así como os plisi de la de Kosovo, conectando moda, tradición e folclore.