Raul Rodriguez Mena Gal 2024
17343
wp-singular,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-17343,wp-theme-bridge,bridge-core-3.0.5,qi-blocks-1.3.3,qodef-gutenberg--no-touch,qodef-qi--no-touch,qi-addons-for-elementor-1.8.1,qode-page-transition-enabled,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,footer_responsive_adv,qode-theme-ver-29.1,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,wpb-js-composer js-comp-ver-6.9.0,vc_responsive,elementor-default,elementor-kit-17535

09

RUST & YOUTH

Raúl Rodríguez Mena
@rraul.rod

Este proxecto aborda o tránsito da nenez á idade adulta, resaltando como a cultura, a sociedade e a educación inflúen nesta transformación. A adolescencia emerxe como unha etapa de crise e procura de identidade, na que o individuo explora máis alá do ámbito familiar.

Inspirada en Gummo, a película de Harmony Korine de 1997 que expón o impacto de contornas marxinais e condutas adultas negativas en adolescentes, a colección reflexiona sobre como o contexto modela o noso desenvolvemento.
A proposta explora o “patrón” como conduta reiterativa e base de creación, usando tons pastel, marróns e grises para evocar unha nostalxia retro.

Tecidos como o punto, sarga de la e pel combínanse en pezas que unen formas orgánicas e xeométricas, capturando a complexidade do crecemento persoal.