Ruben Mascato Gal 2024
17328
wp-singular,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-17328,wp-theme-bridge,bridge-core-3.0.5,qi-blocks-1.3.3,qodef-gutenberg--no-touch,qodef-qi--no-touch,qi-addons-for-elementor-1.8.1,qode-page-transition-enabled,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,footer_responsive_adv,qode-theme-ver-29.1,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,wpb-js-composer js-comp-ver-6.9.0,vc_responsive,elementor-default,elementor-kit-17535

07

PECHA OS OLLOS

Rubén Mascato
@rubenmascato

Tomaz Pandur (Maribor, 1963-2016) foi un director de teatro e dramaturgo esloveno cuxo traballo se estendeu por Europa, chegando a España en 2005 con Infierno, unha produción do Centro Dramático Nacional. Ao longo da súa carreira en España, Pandur dirixiu obras como Barroco, Alas, Hamlet, Medea e La caída de los dioses. No seu último proxecto, Fausto, tiven a ocasión de participar como actor.

Con esta colección, quero render homenaxe ao seu legado teatral e á nosa relación persoal. A proposta vai máis aló do patronaxe e a costura, propoñendo unha performance que capture o seu característico estilo artístico a través de cores, iluminación, música e acting. Os estilismos, concibidos como vestiario teatral, evocan momentos clave da súa obra. O acto final, con vermello e elementos cirúrxicos, pechará o desfile, simbolizando o ataque ao corazón que puxo fin á súa vida.