O proxecto analiza a figura e a historia de Gloria Fuertes desde a moda como medio de expresión artística e social. A investigación traduce o seu universo poético —marcado pola ironía, a tenrura e a androxinia— nunha colección que desafía as normas de xénero e celebra a liberdade creativa, combinando perspectivas feministas e queer.
Cada deseño concíbese como un poema visual que transforma o corpo nun espazo crítico e performativo, reivindicando á autora non só como poeta infantil, senón como símbolo de resistencia, diversidade e liberdade nun contexto social que non sempre acompañaba a selo.








