Mirage explora como a mirada allea moldea, fragmenta e transforma a identidade, entre intimidade e exposición. A autoprotección actúa como armadura entre quen somos e o que amosamos. Sophie Calle, Vito Acconci e Louise Bourgeois inspiran a observación como dispositivo narrativo en dez conxuntos maioritariamente unisex. Estruturas ríxidas, pezas multiposición, cremalleiras e acetato alteran a silueta e a exposición corporal mediante contrastes de opacidade e transparencia. O coiro sintético, o tul e os brocados reforzan a dualidade entre vulnerabilidade e protección. Capas, estruturas e sistemas transformables reflicten as múltiples perspectivas sobre unha persoa e articulan unha reflexión sobre observación, intimidade e autorrepresentación.



