Sabela Alonso 2026
17990
wp-singular,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-17990,wp-theme-bridge,bridge-core-3.0.5,qi-blocks-1.5.4,qodef-gutenberg--no-touch,qodef-qi--no-touch,qi-addons-for-elementor-1.11.2,qode-page-transition-enabled,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,footer_responsive_adv,qode-theme-ver-29.1,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,wpb-js-composer js-comp-ver-6.9.0,vc_responsive,elementor-default,elementor-kit-17535

01

«C4t-4tt4ck»

Sabela Alonso

C4t-4tt4ck investiga a relación entre a aviación, o imaxinario cartoon e a identidade feminina nunha colección de moda centrada no mono de traballo. Historicamente vinculado ao ámbito técnico e aeronáutico, o mono reinterprétase como unha peza estrutural capaz de transformar a silueta. A aviación achega referencias formais relacionadas coa velocidade, a mecánica e a gráfica, xunto coa influencia do cartoon clásico. A paleta cromática constrúese a partir da velocidade, o movemento, o ceo e as paisaxes. A través da exploración do volume, a hibridación de pezas e o uso do mono como uniforme simbólico, a colección propón unha lectura do corpo feminino que transforma os códigos do uniforme técni