O anatema do penitente é unha colección de moda que traduce os imaxinarios do sur profundo dos Estados Unidos: fe extrema, violencia ritualizada e decadencia rural. As prendas, centradas en denim e workwear intervenido, convértense en extensións do corpo, marcadas polo desgaste e a humidade.
Inspirada en Ethel Cain, Rob Zombie e videoxogos como Outlast II e Far Cry 5, a colección articula unha narrativa de culpa, penitencia e resistencia, onde a fe se transforma en opresión e a roupa en arquivo de memoria.
Siluetas oversize, costuras expostas e técnicas de queima e lixado evocan corpos atravesados polo entorno e o trauma. O anatema do penitente evidencia como a moda pode ser linguaxe, testemuño e experiencia estética de tensións sociais profundas.










