Raquel Mera 2025
17720
wp-singular,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-17720,wp-theme-bridge,bridge-core-3.0.5,qi-blocks-1.3.3,qodef-gutenberg--no-touch,qodef-qi--no-touch,qi-addons-for-elementor-1.9.5,qode-page-transition-enabled,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,footer_responsive_adv,qode-theme-ver-29.1,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,wpb-js-composer js-comp-ver-6.9.0,vc_responsive,elementor-default,elementor-kit-17535

08

«Demasiado íntimo»

Raquel Mera

Este traballo analiza como o concepto de “rapaza” girlie, caracterizado pola defensa dun estilo estético (hiper)feminino, atopa na novela e serie Normal People unha nova lectura da vulnerabilidade e da intimidade feminina como vías para explorar a feminidade contemporánea.
Isto reflíctese na elección de patróns con cortes suaves e toques infantís, cores asociadas á emoción e tecidos onde a transparencia se converte na principal expresión da sensibilidade.
Normal People, de Sally Rooney, constrúe un universo amoroso complexo que se afasta do romanticismo convencional e pon no centro a vulnerabilidade e a nostalxia dos seus personaxes.
A través de Marianne e Connell, a obra ofrece unha reflexión sobre a fraxilidade emocional e o desexo de pertenza. O proxecto aborda o girlie non só como estética, senón como linguaxe para expresar emoción, intimidade e nostalxia.