Celia Vilariño 2026
18004
wp-singular,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-18004,wp-theme-bridge,bridge-core-3.0.5,qi-blocks-1.5.4,qodef-gutenberg--no-touch,qodef-qi--no-touch,qi-addons-for-elementor-1.11.2,qode-page-transition-enabled,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,footer_responsive_adv,qode-theme-ver-29.1,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,wpb-js-composer js-comp-ver-6.9.0,vc_responsive,elementor-default,elementor-kit-17535

15

«This is (not) SuperStar»

Celia Vilariño

Unha exploración da Nova York dos anos 70 a través de figuras e lugares como The Factory e o Hotel Chelsea, na que imaxes e texto funcionan como bibliografía visual da época. O proxecto recrea unha visión persoal desde o desexo de encarnar aquel mundo e formar parte del. As pezas presentan siluetas limpas e sinxelas con volumes que xustapoñen tecidos lisos e brillantes con pelo sintético, globos de poliamida e cintas ou cordóns reconvertidos en elementos que lembran o punto. Os materiais inspíranse nos referentes culturais e nas súas obras: os globos aluden á instalación «Silver Clouds». Os accesorios dialogan con estes conceptos, nunha paleta de tons pastel acentuada por cores vibrantes e rechamantes.