Sergio B Carpintero 2025
17659
wp-singular,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-17659,wp-theme-bridge,bridge-core-3.0.5,qi-blocks-1.3.3,qodef-gutenberg--no-touch,qodef-qi--no-touch,qi-addons-for-elementor-1.9.5,qode-page-transition-enabled,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,footer_responsive_adv,qode-theme-ver-29.1,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,wpb-js-composer js-comp-ver-6.9.0,vc_responsive,elementor-default,elementor-kit-17535

01

«Inofensivo»

Sergio B. Carpintero

Este proxecto explora a figura do monstruo como estratexia formal e discursiva na moda. Desenvolvido dende a experimentación material con impresión 3D, sublimación e técnicas de ready-made, propón novas formas de construción téxtil e siluetas non convencionais. A colección resultante cuestiona os límites normativos do belo e do funcional a través dunha estética baseada na mutación, a fragmentación e o inacabado. Influencias como o cinema de terror dos anos 80, a arte pop, Alexander McQueen e Rei Kawakubo alimentan unha proposta visual que posiciona o monstruo como figura crítica dentro da linguaxe do deseño. O corpo, neste contexto, transfórmase nun soporte expandido no que a materialidade e a forma articulan un discurso que redefine a súa representación na moda.