Belo 2025
17697
wp-singular,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-17697,wp-theme-bridge,bridge-core-3.0.5,qi-blocks-1.3.3,qodef-gutenberg--no-touch,qodef-qi--no-touch,qi-addons-for-elementor-1.9.5,qode-page-transition-enabled,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,footer_responsive_adv,qode-theme-ver-29.1,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,wpb-js-composer js-comp-ver-6.9.0,vc_responsive,elementor-default,elementor-kit-17535

02

«Andróxino»

Belo

Reflexión sobre a androxinia como linguaxe estética e simbólica na moda contemporánea. A través do estudo do corpo como espazo de significación, analízase como a moda materializa as construcións de xénero e actúa como medio de resistencia fronte ao pensamento binario. A investigación aborda a evolución do concepto desde a súa orixe mitolóxica ata a súa consolidación no século XXI, destacando creadores como Balenciaga, Gaultier e Mugler. A androxinia enténdese non só como unha cuestión estética, senón como un dispositivo crítico que reinterpreta corpo, desexo e identidade. Neste sentido, a moda preséntase como un territorio de liberdade e experimentación no que o corpo se converte en símbolo de diversidade e resistencia.