Andrea Sanmiguel 2025
17777
wp-singular,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-17777,wp-theme-bridge,bridge-core-3.0.5,qi-blocks-1.3.3,qodef-gutenberg--no-touch,qodef-qi--no-touch,qi-addons-for-elementor-1.9.5,qode-page-transition-enabled,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,footer_responsive_adv,qode-theme-ver-29.1,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,wpb-js-composer js-comp-ver-6.9.0,vc_responsive,elementor-default,elementor-kit-17535

12

«Ecos de Odile»

Andrea SanMiguel

Esta colección naceu da fascinación pola figura de Sylvia Plath. Aínda que o proceso tomou moitos camiños, algo permaneceu desde o inicio: a súa maneira de escribir desde a contradición —entre a pureza e o desexo, a calma e o colapso, a beleza e a violencia—.
A colección explora o espazo entre o interior e o exterior, entre a perfección que se persegue e a fraxilidade que se agocha; unha tensión constante entre o que se mostra e o que se oculta.
Sylvia, Nina (Cisne negro) e Lucía (O porteiro da noite) acompañaron o proceso creativo, axudando a comprender esa loita interna entre dúas versións dunha mesma muller, onde o delicado e o perturbador conviven.
A nivel material, a colección articúlase arredor da idea do baleiro e da imperfección, revelando procesos ocultos a través de transparencias, pregos e estruturas que xeran aire entre o corpo e a peza.