Aos meus dezaoito anos, durante a primeira clase do grao en Comunicación Audiovisual, anotaba o título do filme que me introduciría academicamente ao cinema:
O espírito da colmea. Catro anos máis tarde, a mesma situación repetiríaselle no mestrado en Deseño e Dirección Creativa en Moda, escribiría o nome de Hussein Chalayan nos apuntamentos da primeira clase de Proxectos, sen saber aínda que a súa colección de graduación se convertería nun piar fundamental para o desenvolvemento do meu traballo de fin de mestrado.
Ambientada nunha cicatriz non tan afastada da nosa historia —a posguerra española—, a colección preséntanos uns personaxes descoñecidos que semellan ter sido exhumados.







